Home
Werke
Links
Kontakt
|
A LAGOA DE TARDE EN TARDE
O avó non só traía o xornal
Á casa coas suas notas,
Tamén escribía
Dalgún que outro río,
Poucos poemas
Se conservaron
Escritos a man,
Tecleados na máquina de escribir,
Cánto me gustaría
Parolar con él.
¿Qué pensaría despóis o seu fillo
Cando un dos netos
Non só escribía notas,
Senon tamén auga fluvial,
Coma seu pai?
Véxoos ós dous xa sen edade falando a través
Das eiras e as mareas sobre da edade
Da escritura, como noutrora se escribía
Sobre follas de palmeira ou polo século XII
En dentes de elefante e ademáis
Sobre a casca do abedul,
Tela,
Madeira,
Pedra,
Sobre papiros.
De día e pola noite caen as árbores
Sempre unha vez, ainda nós ás veces,
Tan só unha, aquí de novo: pacencia,
Escribe a lua en secreto, trae rosas,
Coas suas mans valeiras, a lagoa.
Gal.: Luisa Castro
|
Deutsch
Español
English
Français
Italiano
Português
Galego
Català
Svenska
Türkçe
Hebrew
Polski
српски
Romanian
Česky
Bosanski jezik
Sephardic
Maya-K'iche'
اللغة العربية
Farsi
Malay
Bangla
Vietnamese
Chinese
Korean
Japanese
|